← Volver a eventos

I FEIRA TECENDO RAÍCES: proxectos comunitarios, natureza e coidado

Sábado 17 de outubro de 2026
Cúpula Praza Nova, Antas de Ulla · 10:00–22:00

Cartel da I Feira Tecendo Raíces

Programa completo

Organiza o teu camiño pola Feira

Consulta os horarios das charlas, obradoiros, actividades infantís e do concerto.

Programa completo da Feira Tecendo Raíces do 17 de outubro de 2026Descargar o programa

O camiño dunha Galicia que aínda non coñeces

A Feira Tecendo Raíces está pensada como un espazo vivo, participativo e aberto a persoas de todas as idades

O seu fío condutor será “O camiño dunha Galicia que aínda non coñeces”, un percorrido simbólico inspirado no mapa da Rede Tecendo Raíces que conectará todos os espazos da feira e convidará ás persoas asistentes a descubrir iniciativas que xa están a transformar o territorio galego.

Máis que visitar diferentes espazos, a proposta convida a emprender un camiño por unha Galicia menos coñecida, feita de comunidades vivas, proxectos transformadores e persoas que apostan por coidar a terra, fortalecer os vínculos e revitalizar o rural.

Ao longo deste percorrido, as persoas asistentes poderán conversar directamente cos proxectos, participar en actividades, descubrir experiencias reais que xa se están a desenvolver en distintos puntos de Galicia e coñecer iniciativas inspiradoras que poden abrir novas posibilidades para as persoas e para os territorios.

Cada parada deste camiño permitirá achegarse a un proxecto diferente da Rede, descubrindo a diversidade de iniciativas que hoxe están a medrar en distintos puntos de Galicia. En cada un destes espazos, os proxectos ofrecerán propostas participativas que permitirán descubrir, dunha forma próxima e vivencial, a esencia do seu traballo.

A programación combinará divulgación, participación, cultura e encontro, favorecendo unha experiencia dinámica na que cada persoa poderá construír o seu propio percorrido segundo os seus intereses.

Que atoparás?

Un día para descubrir, conversar e participar

  • Stands para coñecer cada proxecto
  • Charlas e mesas de inspiración
  • Obradoiros e experiencias
  • Mercado de troco e segunda man

Temas da feira

  • Revitalización do rural e novos modelos de vida.
  • Agroecoloxía, soberanía alimentaria e produción local.
  • Educación e acompañamento á infancia.
  • Saúde integral e benestar.
  • Economía social, emprendemento con propósito e cooperación.
  • Comunidades resilientes e participación cidadá.
  • Arte, cultura e transformación social.