colaboracións puntuais ou xornadas de traballo común










Rede de
colaboración
Un espazo para que os camiños se atopen
Unha das razóns de ser de Tecendo Raíces é facilitar que as persoas que sosteñen os proxectos e as persoas que buscan formas de participar neles poidan atoparse.
Esta sección nace para facilitar ese encontro: entre os proxectos que precisan apoio, coñecementos, tempo ou novas mans, e as persoas que buscan achegarse á natureza, á vida comunitaria e a outras formas de vivir, aprender e participar.
Aquí atoparás un mapa de iniciativas de Galicia abertas a diferentes formas de colaboración e participación:
apoio en tarefas ou necesidades concretas
estancias temporais e experiencias de aprendizaxe
participación máis continuada nun proxecto
incorporación a procesos que estean a medrar
persoas que queiran gardar, coidar ou soster un proxecto a medio ou longo prazo
Onde a colaboración toma terra
A CoruñaLugoPontevedraOurenseSelecciona un punto para coñecer a oportunidade
Cada iniciativa ten as súas propias necesidades, ritmos e posibilidades de intercambio. Por iso, na súa ficha poderás coñecer que busca, que pode ofrecer, que tipo de colaboración propón e como contactar directamente co proxecto.

Non buscamos crear unha bolsa de voluntariado convencional, senón facilitar encontros con sentido, nos que tanto o proxecto como a persoa poidan atopar unha relación beneficiosa e coherente.
Provincia
Perfil / áreas
26 oportunidades
A Coruña

Camping Natural Terapéutico
Unha experiencia de vida natural preto do mar para explorar a creatividade, a autoxestión e novas formas de comunidade.

Fogar das Estrelas
Un espazo no Camiño Inglés para encontros, recollemento e compartires vitais arredor do desenvolvemento persoal e transpersoal.

Kibutz Sociedade Cooperativa Galega
Unha escola na natureza para aprender, experimentar e convivir arredor da bioconstrución, a agricultura e o benestar.

La Salita · Lindsey & Gerrit
Un proxecto-familia multicultural onde música, ioga, meditación e vida rural se encontran para cocrear cambio.

Espazo Terra Nai
Un espazo na natureza onde conviven iniciativas que exploran formas máis conscientes e amorosas de relacionarnos, habitar os territorios, crear e celebrar.

Soavila Rural
Un refuxio comunitario que recupera a aldea como lugar de coidado, crianza, inclusión e crecemento compartido.

Velouriz
Nove hectáreas de bosque e prados onde ensaiar unha vida máis sinxela, consciente, fraterna e en harmonía coa Terra.
Lugo

Casa da Ulloa
Unha finca demostrativa de permacultura e rexeneración para experimentar e reconectar coa vida rural de forma sinxela.

Casitas de Cuento
Pequenas casas de barro, palla, madeira e la que recuperan oficios e inspiran outra forma de vivir no rural.

Bosque Sagrado de Lugo
Unha asociación que coida encontros de reflexión e celebración arredor do patrimonio megalítico de Penas de Rodas.

Ovellaviva
Un proxecto que recupera a la das ovellas galegas, os seus saberes e a enorme diversidade dos seus usos.

Foradesí · Cultivo e Cociña
Foradesí é unha idea de cociña, mais tamén unha escola de Ayurveda que desexa transmitir esta ancestral mediciña a través dunha alimentación viva e sensible.

Terranova
Unha casa aberta no Courel para talleres, crecemento persoal, procura espiritual e aprendizaxe en contacto coa natureza.

Eco Agroturismo Arqueixal
Unha granxa familiar e experiencia de agroturismo que transforma o amor á terra nun modo de vida ecolóxico e compartido.

Equipo Reverdecer · Camiña Alma Libre
Dous proxectos que unen rexeneración ecolóxica e humana coa recuperación de saberes ancestrais e traballo espiritual.

Amanacer · Casa da Paz
Un punto de encontro no val de Samos para abrir o corazón, transformar patróns e tecer relacións auténticas en tribo.

Tanquián Ecofinca
Unha ecofinca con 35 anos de experiencia que evoluciona da produción agrícola cara a un lugar de coidado e aprendizaxe.

Terra de Luz
Unha casa aberta no Camiño de Santiago dedicada ao servizo, á vida sinxela, á comunidade e á rexeneración da terra e do ser.
Ourense

O Lugar da Felicidade
Un lugar de benestar e terapias en Enfestela, aberto á colaboración e á construción compartida do proxecto.

Casa Grande de Vieite
Unha casa rural en proceso de recuperación que quere abrir espazos para o benestar e a vida comunitaria.

Escuela Semillas de Luz
Unha escola de alimentación viva que difunde hábitos saudables a través da cociña, a aprendizaxe e o encontro.

Record-Arte
Un bosque de árbores froiteiras e un espazo rural para crear, convivir e compartir coñecementos.
Pontevedra

Eirado de Bouza Rica
Unha finca onde vivir, ensinar e compartir a través da permacultura, a agricultura sintrópica e o pastoreo rotacional.

Sakura Benestar Natural
Un centro de benestar integral e retiros que acompaña corpo, emoción e proceso persoal desde múltiples prácticas.

Coliving Vila Meiga
Un lugar de convivencia temporal consciente onde baixar á terra, enfocarse e recuperar o ritmo natural.
Territorio vivo

Carmina
Un proxecto de coliving consciente e autoxestionado que busca lugar para unir crecemento persoal, terra e comunidade.
Tes un proxecto en Galicia?
Se sentes afinidade, queremos coñecerte
Le as bases da rede e cóntanos quen sodes, que estades a crear e como vos gustaría tecer co resto.
Solicitar incorporación↗