Comunidade de Tecendo Raíces reunida en círculo

Rede de Proxectos Galegos

Tecendo
Raíces

Proxectos con alma e terra

Descubrir os proxectos

Unha comunidade de iniciativas galegas que buscan construír xuntas unha Galicia máis viva, consciente e coidadosa co propio territorio e cos seus habitantes

30+proxectos en rede
4provincias
1territorio vivo

A Coruña · Lugo · Ourense · Pontevedra

Dúas persoas observando e sinalando a paisaxe galega

Esta web é unha fiestra aberta desde a que asomarte ás nosas formas de vivir, crear e relacionarnos

Galicia sempre foi terra de comunidade. As aldeas e vilas medraron grazas ao apoio mutuo, aos saberes compartidos e a unha relación estreita coa natureza.

Nos últimos anos están a xurdir por todo o territorio iniciativas que poñen en valor esa forma de vivir e de relacionarse, porque cada vez somos máis conscientes de canto pode contribuír ao noso benestar e á nosa saúde a maneira na que habitamos e nos vinculamos co territorio.

Iniciativas que demostran que é posible vivir, emprender e crear comunidade dende a conexión coa Natureza, traendo oportunidades, innovación e cooperación.

A Rede Tecendo Raíces nace precisamente para conectar esas iniciativas, e hoxe constitúe unha comunidade de proxectos galegos que buscan construír xuntxs unha Galicia máis viva, consciente e coidadosa co propio territorio e os/as seus habitantes.

Esta web quere ser unha fiestra aberta. Un lugar desde o que poidas asomarte ás nosas formas de vivir, coñecer os nosos proxectos e descubrir outras posibilidades. Quizais algunha delas resoe contigo, te inspire ou te impulse a experimentar.

Coñecer a rede

Ás veces só necesitamos descubrir que aquilo que soñamos xa está a acontecer noutros lugares para sentir que tamén é posible para nós.

Cartel da Feira Tecendo Raíces

Sábado 17 de outubro de 2026
Antas de Ulla

Feira
Tecendo Raíces

Proxectos comunitarios, conexión, natureza e coidados

Un día para coñecer os proxectos, compartir experiencias, inspirarnos, aprender xuntxs e construír novas formas de habitar os nosos territorios.

O camiño dunha Galicia que aínda non coñeces

Descubrir a feira

Participa

Rede de colaboración

Un espazo para que os camiños se atopen

Non buscamos crear unha bolsa de voluntariado convencional, senón facilitar encontros con sentido, nos que tanto o proxecto como a persoa poidan atopar unha relación beneficiosa e coherente.

Atopa a túa maneira
Persoas colaborando nun proxecto da rede