Encontro da rede Tecendo Raíces

Onde a rede se fai encontro

Unha rede precisa lugares onde atoparse, compartir, celebrar e poñer en práctica aquilo que a une.

Por iso, os eventos son unha parte esencial de Tecendo Raíces. Son espazos para fortalecernos como rede, coñecernos mellor, compartir saberes e crear colaboracións entre os propios proxectos, pero tamén para abrir as portas á cidadanía e facer visible o que está acontecendo dentro dela.

Porque Tecendo Raíces non quere ser só unha rede para quen xa forma parte destes procesos. Tamén quere achegar á sociedade outras formas de entender a vida e de relacionarnos co territorio, facendo visible esta cultura de coidado e rexeneración que queremos contribuír a construír en Galicia.

Así, ao longo do ano xeramos dous tipos de encontros: os dirixidos aos proxectos que forman parte da rede (co obxectivo de fortalecer a mesma e crear xuntxs) e os abertos á cidadanía.

Son momentos para poñer os pés na terra, coñecernos, aprender facendo e experimentar aquilo que defendemos.

Cada encontro é unha oportunidade para coñecernos, colaborar e deixar que a rede medre de maneira orgánica.

Encontro interno da rede

Encontros da rede

Para fortalecer a rede e crear xuntas

Encontro aberto á cidadanía

Eventos abertos

Para achegar á sociedade esta cultura de coidado e rexeneración

Eventos futuros

Os próximos lugares onde vernos

28nov2026

Encontro na Casa Grande de Vieite

28nov2026

Leiro · O Ribeiro · Ourense

Un novo encontro da rede nunha casa con historia que está a recuperar os seus espazos para o benestar, a colaboración e a vida comunitaria.

Encontro na Casa Grande de Vieite
16‑17xan2027

Encontro en Tanquián Ecofinca

16‑17xan2027

Ferreira de Pantón · Lugo

Unha fin de semana para compartir aprendizaxes e seguir fortalecendo a rede nunha ecofinca con 35 anos de experiencia en autosuficiencia, agroecoloxía e comunidade.

Encontro en Tanquián Ecofinca
06mar2027

Encontro en Terranova

06mar2027

Piñeira · Folgoso do Courel · Lugo

Un encontro no corazón do Courel para continuar tecendo comunidade, coidado, aprendizaxe e conexión coa natureza.

Encontro en Terranova

FEIRA

Sábado 17 outubro · Antas de Ulla

O camiño dunha Galicia que aínda non coñeces

Na Cúpula Praza Nova, de 10:00 a 22:00: máis de 30 proxectos, obradoiros, comunidade, arte e música. Consulta o programa completo e crea o teu propio percorrido pola Feira.

Descubrir a Feira
Cartel da Feira Tecendo Raíces, 17 de outubro de 2026

Eventos pasados

O que vivimos tamén sostén o que vén

26–27 de setembro de 2026

Montán · Samos · Lugo

Encontro da Rede e celebración do outono en Terra de Luz

O sábado xuntámonos en Terra de Luz para concentrar a enerxía da Rede na preparación da primeira Feira Tecendo Raíces. Compartimos dinámicas creativas e de planificación para deseñar os espazos, a experiencia, as presentacións e os adornos que darán vida á Feira.

O domingo abrimos as portas para celebrar o equinoccio e a chegada do outono. Foi unha xornada de encontro, traballo coa terra, comida compartida, ritual no labirinto, creatividade, música e celebración comunitaria.

14–15 de agosto de 2026

Vilar do Real · Samos · Lugo

Encontro na Casa da Paz e Xuntanza Veciñal

Nesta ocasión, a oportunidade que se abriu para nós foi a de compartir unha xuntanza cos veciños/as da vila e a participación na recuperación das festas do val. Na reunión interna centramos a nosa enerxía na creación da páxina web e na Feira Tecendo Raíces.

16 de xullo de 2026

Rante · San Cibrao das Viñas · Ourense

Encontro na Escola Semillas de Luz

Nesta ocasión, o encontro coincidiu coa apertura oficial da Escola Semillas de Luz, nunha xornada na que Miguel compartiu un taller de cociña crudivegana.

No encontro interno dos proxectos, o traballo centrouse en avanzar na páxina web e na organización da Feira Tecendo Raíces, ao tempo que se tomaron decisións importantes sobre a forma de participación dos proxectos na Rede.

Unha xornada de revisión e avance, na que se deron novos pasos para consolidar a estrutura e dotar de maior solidez a Tecendo Raíces.

16 de maio de 2026

Contorna de Melide · A Coruña

Encontro Tecendo Raíces en Velouriz e Xornada de portas abertas

Nesta xornada, a Rede mobilizouse para apoiar o proxecto Velouriz, que precisaba dar un impulso ao espazo e abrir as súas portas a persoas interesadas en coñecelo e explorar a posibilidade de formar parte da convivencia.

Ao mesmo tempo, no encontro interno dos proxectos, seguimos avanzando na construción da Rede: xurdiu a idea de crear unha páxina web propia e fomos dando forma á Rede de Colaboración Tecendo Raíces, abrindo novos camiños para a participación e o apoio mutuo.

14 de abril de 2026

Nigrán · Pontevedra

Encontro en Sakura Benestar Natural

Este encontro marcou o paso dunha primeira etapa de consolidación do grupo e creación das bases da Rede a unha nova fase centrada na acción.

Comezamos a establecer as liñas de traballo para este ano, buscando novas formas de achegarnos aos proxectos que forman parte de Tecendo Raíces e de abrir a Rede á participación da cidadanía.

Neste contexto naceu a Rede de Colaboración Tecendo Raíces, unha rede de voluntariado galega pensada para que calquer persoa que resoe cons nosos valores poda cocrear, colaborar ou unirse aos diferentes proxectos da Rede.

7–8 de febreiro de 2026

Cela · Outeiro de Rei · Lugo

Encontro na Casa Escola de Cela

Unha fin de semana marcada pola creatividade, a complicidade e a conexión entre todas as persoas, o cal deu lugar de maneira orgánica e colectiva, á creación da estrutura de funcionamento da Rede (o Equipo Semente e as diferentes comisións que o integran). Tamén apareceu a idea de crear a Feira Tecendo Raíces, como unha nova forma de abrir a Rede e compartir cara fóra todo o que se estaba a tecer dentro.

13 de decembro de 2025

Monterroso · Lugo

Encontro na Casa da Ulloa

Unha xornada para poñer as primeiras pedras da rede: acordamos as súas bases, definimos unha metodoloxía para a toma de decisións e compartimos tempo e espazo para coñecernos mellor.

Un encontro que nos permitiu fortalecer os vínculos entre os proxectos e seguir tecendo esas raíces conxuntas sobre as que medra Tecendo Raíces.

25 de outubro de 2025

O Couso · Samos · Lugo

Encontro Tecendo Raíces en “O Couso”

O lugar onde comezou todo. O primeiro encontro no que nos xuntamos para coñecernos, compartir os nosos camiños e descubrir que había algo que nos unía. Alí puxemos as primeiras puntadas dunha rede que hoxe segue medrando.