← Volver ao mapa
Lugo
Terranova
Unha casa aberta no Courel para talleres, crecemento persoal, procura espiritual e aprendizaxe en contacto coa natureza.

LocalizaciónPiñeira · Folgoso do Courel · Lugo
FaseEn preparación
PerfilBenestar · Espiritualidade · Comunidade · Natureza

O proxecto
Terranova prepara unha casa aberta a obradoiros e actividades de crecemento persoal e procura espiritual, rutas pola Reserva da Biosfera e experiencias de vida sinxela. Quere ofrecer unha acollida familiar a quen desexe compartir saberes, aprender, coidar a horta e explorar novas formas de habitar.
Ver oportunidades de colaboración→
Contacto
Fala directamente co proxecto
Antes de desprazarte, confirma sempre a dispoñibilidade e as condicións coa persoa responsable.
